viernes, 12 de noviembre de 2010

Curso de música xudía na Illa de San Simón (Vigo)



O INTÉRPRETE E COMPOSITOR XUDEU NORTEAMERICANO ESTÁ RECOÑECIDO INTERNACIONALMENTE COMO UN DOS MÁIS DESTACADOS ESPECIALISTAS DO FOLK INSTRUMENTAL DE RAÍZ XUDEA.

O mestre do violín klezmer Steven Greenman abre as "master class" de música tradicional da Agadic na illa de San Simón

O violinista e compositor estadounidense Steven Greenman, recoñecido internacionalmente como un dos mellores intérpretes do violín klezmer, inaugura mañá o novo ciclo de master class de música tradicional que a Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais) organiza na sede da Fundación Illa de San Simón, na ría de Vigo. Os participantes neste primeiro curso, que se estenderá ate o sábado día 20, terán a oportunidade de achegarse á milenaria tradición da música klezmer no leste de Europa, afondando no repertorio do folk xudeu para instrumentos de corda.

Steven Greenman

O mestre Greenman porá especial énfase en que os alumnos interioricen este tipo de música cantando as melodías, tocando "de oído" e familiarizándose co fraseo melódico e o acompañamento no folk xudeu, ao tempo que se abordará o repertorio klezmer non só a partir da música, senón tamén da tradición oral e a danza. Ademais, unha das tres sesións estará especialmente á ornamentación específica para violinistas e violistas no marco desta tradición musical. As clases culminarán nun concerto dos participantes co material aprendido.

Recoñecido polo seu virtuosismo e a súa precisión técnica como solista, Steven Greenman é tamén un afamado profesor de violín tradicional klezmer. Compaxina esta faceta pedagóxica cos concertos que ofrece como parte de diferentes formacións tradicionais e do seu Steven Greenman Klezmer Ensemble. Ten autoproducido, así memso, dúas gravacións de referencia que documentan as súas composicións: Stempenyu’s Dream (2004) e Stempenyu’s Neshome (2010), esta última coas súas melodías espirituais xudeas de autoría orixinal.

O encontro ofrece un total de 12 horas lectivas para un máximo de 15 alumnos. EsteS será Nseleccionados directamente polo mestre en función dos seus méritos e deberán achegar os seus propios instrumentos como requisito de participación. O prezo da matrícula é de só 50 euros. Os interesados, que poden ser músicos xa profesionais ou estudantes de escolas de música e conservatorios, teñen a posibilidade de realizar a inscrición en liña a través da páxina web

www.masterclassdemusicatradicional.info.

Ligazóns

sábado, 24 de abril de 2010

sábado, 27 de marzo de 2010

La Oreja de Van Gogh en Israel

Rodada a finais do pasado ano en Israel, estréase estes días a película do grupo donostiarra La Oreja de Van Gogh

viernes, 26 de marzo de 2010

viernes, 5 de febrero de 2010

Kadish no Bundestag

Na peche da cerimonia en Lembranza das Vítimas do Holocausto, que tivo lugar o pasado 27 de xaneiro -e na que estivo presente Shimón Peres- realizada no Bundestag, o Parlamento alemán, un momento de grande emoción foi a interpretación polo violinista sudafricano Daniel Hope da melodia do “kadish” de Maurice Ravel.


martes, 15 de septiembre de 2009

martes, 1 de septiembre de 2009

miércoles, 5 de agosto de 2009

lunes, 25 de mayo de 2009

Noa & Mira Awad, There Must Be Another Way


Noa & Mira Awad, There Must Be Another Way
‘There must be another way' é o resultado da colaboración entre a cantante e compositora israelí Noa e a cantante, compositora e actriz arabe-israelí Mira Awad, é este un proxecto moi particular destas dúas artistas, un proxecto, que despois de moitos anos ao fin ve a luz. Ambas colaboran desde o 2002 cando realizaron a versión dos Beatles '‘We Can Work It Out'. Esta colaboración artística contén unha mensaxe de paz e coexistencia que as dúas artistas defenden desde hai moitos anos. 12 cancións son as que forman parte deste novo disco das cales 8 son completamente novas, dúas inéditas e 2 xa publicadas no disco de ‘Now' de Noa. O tema que abre o disco ‘There must be another way', composto por Noa, Gil Dor e Mira foi seleccionada para representar a Israel no Festival de Eurovisión 2009 en Moscova.

miércoles, 4 de marzo de 2009

Israel Eurovision 2009- Noa & Mira Awad - There Must Be Another Way

Israel Eurovision 2009 - Noa & Mira Awad interpretarán "There Must Be Another Way". Desde aquí o noso recoñecemento moi especial para Mira Awad, que sen árabe-israelí sifriu e sufre enormes presións desde o fundamentalismo islámico e desde a "progresía" internacional para que renuncie a representar a Israel no vindeiro Festival de Eurovisión en Moscú. Todáh Rabá Mira. Neshikot. Shalom.


lunes, 2 de marzo de 2009

Actuación de Keren Ann en Galicia


O vindeiro 29 de Marzo ás 21,00 horas e no Auditorio de Galicia de Santiago de Compostela actuará na que será a súa única actuación en Galicia, a cantante israelí Keren Ann (Keren Ann Zeidel, en hebreo: קרן אן זיידל‎
***
Podes gañar AQUI entradas de balde para o concerto e podes tamén escoitar a Keren Ann en audio mp3:
> It ain't no crime
> Lay you head down
> Where no endings end