Mostrando entradas con la etiqueta clásica. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta clásica. Mostrar todas las entradas

viernes, 5 de febrero de 2010

Kadish no Bundestag

Na peche da cerimonia en Lembranza das Vítimas do Holocausto, que tivo lugar o pasado 27 de xaneiro -e na que estivo presente Shimón Peres- realizada no Bundestag, o Parlamento alemán, un momento de grande emoción foi a interpretación polo violinista sudafricano Daniel Hope da melodia do “kadish” de Maurice Ravel.


martes, 18 de noviembre de 2008

Jerusalem Quartet en Vigo

Mércores, 19 de Novembro de 2008
Lugar: Igrexa de María Auxiliadora
Horario:20,45 horas
Prezo: Entrada libre até completar aforamento

Jerusalem Quartet naceu en 1994 no marco do Grupo de Mozos Músicos do Jerusalem Music Centre e a America-Israel Cultural Foundation, en cooperación co Conservatory of the Jerusalem Rubin Academy of Music and Dance, onde estudaron con Avi Abramovich, e da man de catro músicos pertencentes á etapa "onde os intérpretes son máis que nunca a ponte entre unha valiosísima tradición, a de Haydn, Beethoven, Brahms, Borodin e Bartók, e un mundo postmoderno no cal os conceptos de lecer e cultura non paran de transformarse", resaltaron as mesmas fontes.Deste xeito, esta formación é "un dos novos cuartetos de corda máis dinámicos e apaixonantes da escena actual", polo que as salas de concerto solicitan "crecientemente" a súa presenza de xeito "espectacular" a nivel mundial.