lunes, 25 de mayo de 2009

Noa & Mira Awad, There Must Be Another Way


Noa & Mira Awad, There Must Be Another Way
‘There must be another way' é o resultado da colaboración entre a cantante e compositora israelí Noa e a cantante, compositora e actriz arabe-israelí Mira Awad, é este un proxecto moi particular destas dúas artistas, un proxecto, que despois de moitos anos ao fin ve a luz. Ambas colaboran desde o 2002 cando realizaron a versión dos Beatles '‘We Can Work It Out'. Esta colaboración artística contén unha mensaxe de paz e coexistencia que as dúas artistas defenden desde hai moitos anos. 12 cancións son as que forman parte deste novo disco das cales 8 son completamente novas, dúas inéditas e 2 xa publicadas no disco de ‘Now' de Noa. O tema que abre o disco ‘There must be another way', composto por Noa, Gil Dor e Mira foi seleccionada para representar a Israel no Festival de Eurovisión 2009 en Moscova.