Mostrando entradas con la etiqueta tradicional. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta tradicional. Mostrar todas las entradas

domingo, 5 de febrero de 2012

Ana Alcaide de xira en Galicia

Esta semana estará de xira por Galicia a cantante de música xudeu-sefardí Ana Alcaide

9 Febreiro xoves: Sede SGAE, en Santiago de Compostela

21:00 h
10 Febreiro venres:
Sala Liceum, O Porriño

23:30 h.
11 Febreiro sábado:
Teatro Principal de Ourense

20:30 h.



jueves, 2 de febrero de 2012

Rosa Zaragoza en Galicia

A cantante catalana de música xudeu-sefardí Rosa Zaragoza estará os vindeiros días 17, 18 e 19 de Febreiro en Galicia


http://www.rosazaragoza.org/


CANTAR Y BAILAR, NACER RENACER en Vigo, 18 e 19 de Febreiro.
Información sobre o obradoiro: 17 de febreiro ás 19:00 h. presentación en Vigo.
18 e 19 obradoiro intensivo de 10:00h a 20:00h. en Moaña


Lugar do obradoiro:
Asociación cultural
Latexo
Avd. Xosé Costa Alonso, nº 30, 1ºB
Moaña, Pontevedra.
Hai que levar: unha saia para bailar e roupa cómoda. (os homes tamén)
Prezo: 130€ - Data límite de inscrición:
13 de febreiro
Para formalizala haberá que facer unha paga e sinal de 50€ na conta de EOMAIA, La Caixa
nº 2100/4793/81/0200040245
pon en concepto o teu nome e as iniciais ORZ.


viernes, 12 de noviembre de 2010

Curso de música xudía na Illa de San Simón (Vigo)



O INTÉRPRETE E COMPOSITOR XUDEU NORTEAMERICANO ESTÁ RECOÑECIDO INTERNACIONALMENTE COMO UN DOS MÁIS DESTACADOS ESPECIALISTAS DO FOLK INSTRUMENTAL DE RAÍZ XUDEA.

O mestre do violín klezmer Steven Greenman abre as "master class" de música tradicional da Agadic na illa de San Simón

O violinista e compositor estadounidense Steven Greenman, recoñecido internacionalmente como un dos mellores intérpretes do violín klezmer, inaugura mañá o novo ciclo de master class de música tradicional que a Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais) organiza na sede da Fundación Illa de San Simón, na ría de Vigo. Os participantes neste primeiro curso, que se estenderá ate o sábado día 20, terán a oportunidade de achegarse á milenaria tradición da música klezmer no leste de Europa, afondando no repertorio do folk xudeu para instrumentos de corda.

Steven Greenman

O mestre Greenman porá especial énfase en que os alumnos interioricen este tipo de música cantando as melodías, tocando "de oído" e familiarizándose co fraseo melódico e o acompañamento no folk xudeu, ao tempo que se abordará o repertorio klezmer non só a partir da música, senón tamén da tradición oral e a danza. Ademais, unha das tres sesións estará especialmente á ornamentación específica para violinistas e violistas no marco desta tradición musical. As clases culminarán nun concerto dos participantes co material aprendido.

Recoñecido polo seu virtuosismo e a súa precisión técnica como solista, Steven Greenman é tamén un afamado profesor de violín tradicional klezmer. Compaxina esta faceta pedagóxica cos concertos que ofrece como parte de diferentes formacións tradicionais e do seu Steven Greenman Klezmer Ensemble. Ten autoproducido, así memso, dúas gravacións de referencia que documentan as súas composicións: Stempenyu’s Dream (2004) e Stempenyu’s Neshome (2010), esta última coas súas melodías espirituais xudeas de autoría orixinal.

O encontro ofrece un total de 12 horas lectivas para un máximo de 15 alumnos. EsteS será Nseleccionados directamente polo mestre en función dos seus méritos e deberán achegar os seus propios instrumentos como requisito de participación. O prezo da matrícula é de só 50 euros. Os interesados, que poden ser músicos xa profesionais ou estudantes de escolas de música e conservatorios, teñen a posibilidade de realizar a inscrición en liña a través da páxina web

www.masterclassdemusicatradicional.info.

Ligazóns

martes, 24 de febrero de 2009

Hoxe, hai nove anos… falecía Ofra Haza

Unha voz que sintetizaba na súa alma oriente e occidente. Un 23 de febreiro do ano 2000 falecía probablemente dunha neumonía conplicada polo virus da SIDA. As circunstancias da súa morte nunca foron confirmadas pola súa familia. De todos xeitos, tanto ten. Ofra nunca morrerá na nosa memoria. Eis algúns videos seus coma pequeno homenaxe.



Yerushalayim Shel Zahav

Ofra Haza - Im Nin Alu - For more funny videos, click here
Im Nin Alu

Kadish

Ofra Haza - Mystery of Love - Free videos are just a click away
Mystery of Love

sábado, 24 de enero de 2009

Noa


Now forget. Live in Israel

jueves, 27 de noviembre de 2008

Chava Alberstein


Chava Alberstein - Dona Dona

lunes, 13 de octubre de 2008

Svetlana Portnyansky


Svetlana Portnyansky - A Yiddishe Mamme (Yiddish)

Aquilino Jacob


O músico galego Aquilino Jacob interpreta a guitarra clásica o Hatikvah.

Radio Cos


O grupo galego RADIO COS interpreta o tema xudeu-sefardí "A voda búlgara"

martes, 7 de octubre de 2008

Perry Como


Kol Nidrei na voz de Perry Como

viernes, 19 de septiembre de 2008

martes, 16 de septiembre de 2008