domingo, 5 de febrero de 2012

Ana Alcaide de xira en Galicia

Esta semana estará de xira por Galicia a cantante de música xudeu-sefardí Ana Alcaide

9 Febreiro xoves: Sede SGAE, en Santiago de Compostela

21:00 h
10 Febreiro venres:
Sala Liceum, O Porriño

23:30 h.
11 Febreiro sábado:
Teatro Principal de Ourense

20:30 h.



jueves, 2 de febrero de 2012

Rosa Zaragoza en Galicia

A cantante catalana de música xudeu-sefardí Rosa Zaragoza estará os vindeiros días 17, 18 e 19 de Febreiro en Galicia


http://www.rosazaragoza.org/


CANTAR Y BAILAR, NACER RENACER en Vigo, 18 e 19 de Febreiro.
Información sobre o obradoiro: 17 de febreiro ás 19:00 h. presentación en Vigo.
18 e 19 obradoiro intensivo de 10:00h a 20:00h. en Moaña


Lugar do obradoiro:
Asociación cultural
Latexo
Avd. Xosé Costa Alonso, nº 30, 1ºB
Moaña, Pontevedra.
Hai que levar: unha saia para bailar e roupa cómoda. (os homes tamén)
Prezo: 130€ - Data límite de inscrición:
13 de febreiro
Para formalizala haberá que facer unha paga e sinal de 50€ na conta de EOMAIA, La Caixa
nº 2100/4793/81/0200040245
pon en concepto o teu nome e as iniciais ORZ.


lunes, 19 de diciembre de 2011

11 de febreiro en Compostela: The Idan Raichel Project


Chalomot Shel Acherim

Hakol Over

Mi´ma´Makin

Live in Berlin

The Idan Raichel Project - Back to Jerusalem - הפרויקט של עידן רייכל

domingo, 2 de octubre de 2011

sábado, 10 de septiembre de 2011

sábado, 28 de mayo de 2011

viernes, 12 de noviembre de 2010

Curso de música xudía na Illa de San Simón (Vigo)



O INTÉRPRETE E COMPOSITOR XUDEU NORTEAMERICANO ESTÁ RECOÑECIDO INTERNACIONALMENTE COMO UN DOS MÁIS DESTACADOS ESPECIALISTAS DO FOLK INSTRUMENTAL DE RAÍZ XUDEA.

O mestre do violín klezmer Steven Greenman abre as "master class" de música tradicional da Agadic na illa de San Simón

O violinista e compositor estadounidense Steven Greenman, recoñecido internacionalmente como un dos mellores intérpretes do violín klezmer, inaugura mañá o novo ciclo de master class de música tradicional que a Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais) organiza na sede da Fundación Illa de San Simón, na ría de Vigo. Os participantes neste primeiro curso, que se estenderá ate o sábado día 20, terán a oportunidade de achegarse á milenaria tradición da música klezmer no leste de Europa, afondando no repertorio do folk xudeu para instrumentos de corda.

Steven Greenman

O mestre Greenman porá especial énfase en que os alumnos interioricen este tipo de música cantando as melodías, tocando "de oído" e familiarizándose co fraseo melódico e o acompañamento no folk xudeu, ao tempo que se abordará o repertorio klezmer non só a partir da música, senón tamén da tradición oral e a danza. Ademais, unha das tres sesións estará especialmente á ornamentación específica para violinistas e violistas no marco desta tradición musical. As clases culminarán nun concerto dos participantes co material aprendido.

Recoñecido polo seu virtuosismo e a súa precisión técnica como solista, Steven Greenman é tamén un afamado profesor de violín tradicional klezmer. Compaxina esta faceta pedagóxica cos concertos que ofrece como parte de diferentes formacións tradicionais e do seu Steven Greenman Klezmer Ensemble. Ten autoproducido, así memso, dúas gravacións de referencia que documentan as súas composicións: Stempenyu’s Dream (2004) e Stempenyu’s Neshome (2010), esta última coas súas melodías espirituais xudeas de autoría orixinal.

O encontro ofrece un total de 12 horas lectivas para un máximo de 15 alumnos. EsteS será Nseleccionados directamente polo mestre en función dos seus méritos e deberán achegar os seus propios instrumentos como requisito de participación. O prezo da matrícula é de só 50 euros. Os interesados, que poden ser músicos xa profesionais ou estudantes de escolas de música e conservatorios, teñen a posibilidade de realizar a inscrición en liña a través da páxina web

www.masterclassdemusicatradicional.info.

Ligazóns

sábado, 24 de abril de 2010

sábado, 27 de marzo de 2010

La Oreja de Van Gogh en Israel

Rodada a finais do pasado ano en Israel, estréase estes días a película do grupo donostiarra La Oreja de Van Gogh

viernes, 26 de marzo de 2010

viernes, 5 de febrero de 2010

Kadish no Bundestag

Na peche da cerimonia en Lembranza das Vítimas do Holocausto, que tivo lugar o pasado 27 de xaneiro -e na que estivo presente Shimón Peres- realizada no Bundestag, o Parlamento alemán, un momento de grande emoción foi a interpretación polo violinista sudafricano Daniel Hope da melodia do “kadish” de Maurice Ravel.


martes, 15 de septiembre de 2009

martes, 1 de septiembre de 2009

miércoles, 5 de agosto de 2009